Sunday 12 de May de 2024

Alternativa volve insistir no maior control para as obras da rúa Abeleira


A veciñanza da zona volve a incidir na presencia de maquinaria sen a debida sinalización, ocupando un cruce con pouca visibilidade e comprometendo a seguridade de conductores e viandantes.

Alternativa xa trasladou estas queixas no mes de marzo. A resposta do Concelleiro de Urbanismo foi o compromiso de intensificar o control, pero a situación continúa a ser a mesma.

Alternativa volverá demandar no pleno un maior control das obras de índole privada que se están a realizar no municipio.